Coordenadora de Ensino

AULAS PARA NON ESQUECER

índice

Xustificación

PROPOSTA

obradoiros

adhesións

imaxes

textos

Prensa

Mani 16N 2003

XUSTIFICACIÓN

 

AULAS PARA NON ESQUECER
 

Un ano despois, NON ESQUECEMOS.

A memoria é o noso mellor libro de texto.

E o Prestige segue aí, no Sufrimento.

Todo o que aprendemos nun ano, todo o que sentimos, todo o que descubrimos fica na aula da Experiencia.

Abramos o caderno da Actualidade.

Queremos seguir aprendendo por que sucedeu todo isto, o que aínda non aparece nos libros de texto, o que xa non se ve na televisión.

Un poema de Chus Pato, palabras de Manuel Rivas, unha foto de Ribao, un debuxo de Miguelanxo Prado, unha canción de Ruxe Ruxe, unha viaxe pola web da Plataforma Nunca Máis ou calquera palabra, imaxe e testemuño do que sucedeu, do que está sucedendo.

 

A Coordenadora de Ensino Area Negra FAI UN CHAMAMENTO AO MUNDO DO ENSINO.

365 días despois, queremos seguir aprendendo e NON ESQUECEMOS.

O vindeiro 13 de novembro o alumnado e o profesorado de Galiza volveremos aprender da lección do Prestige: 

 

MAREAS NEGRA NUNCA MÁIS

DESENVOLVAMOS  ACCIÓNS EDUCATIVAS SOBRE A CATÁSTROFE DO PRESTIGE, arredor das Mareas Negras, o movimento cidadán, a ecoloxía, etc.

PORQUE SOMOS A XERAZÓN DO PRESTIGE, E SABEMOS QUE AS COUSAS NUNCA SERÁN IGUAL...

 

NUNCA MÁIS!

 

Atentado ecolóxico, control da información, irresponsabilidades políticas, NUNCA MÁIS!

Nós, profes, nós, alumnos e alumnas, sabemos que a nosa APRENDIZAXE pode cambiar o futuro: VERDADE, LIBERDADE, EDUCACIÓN. Moita xente pensamos que son algo máis que palabras. E queremos seguir coñecendo o POR QUE DAS COUSAS para que nunca máis teñamos que escoitar...

 

"A letra con sangue entra"

"Profesores, violadores de conciencias"

"Toda esa merda coa que queren untar os colexios"

"Son unos pequeños hilillos"

"El fuel non llegará a las costas"

"No es una marea negra"

"Volveriamos a hacer lo que hicimos con el Prestige"

 

O que sucedeu, o que sucede, non é ciencia ficción. Pasou un ano, si. E nos centros de ensino aprendemos moito máis do que podemos imaxinar. Soubemos traballar coa REALIDADE para recoñecer a MENTIRA. E cada palabra, cada debuxo, cada foto, cada número que se puxo ao servizo da EDUCACIÓN foron realidade. E a realidade transforma o futuro.

 

AULAS PARA NON ESQUECER! quere ser unha lección máis sobre a catástrofe do Prestige. Unha lección importante. Despois de 365 días de chapapote, queremos seguir aprendendo dos erros da humanidade.

Arao, fuel-oil, Costa da Morte,

Parques naturais, pesca, fondos mariños,

Economía, cidadanía, traballo en precario,

Subvencións, parlamento europeo, Manu Chao,

Medios de Comunicación, censura, Democracia?,

Sardiña, criatividade, Cadea Humana, non á guerra...

 

MAREAS NEGRAS, NUNCA MÁIS

________

areanegra

 

subir


Volver á sección "Aulas para non esquecer"

  Volver á páxina principal
 


páxina feita pola Coordenadora de ensino Area Negra correo@areanegra.net, aloxada en Dinahosting
para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.net