Ante
a catástrofe que estamos a sufrir nas nosas costas, é necesária unha rápida
e contundente resposta de toda a comunidade escolar polas seguintes razóns:
1. A imprescindíbel concienciación ecolóxica da
mocidade, como parte da programación pedagóxica que todos
os centros de ensino apoiamos, e non só como tema transversal.
2. A caréncia dunha información veraz e xeralizada dos
actos que en todos os centros estamos a facer, de forma local e disgregada,
leva-nos a formular unha acción que precisa dunha perfeita coordenación
e unión de todo o noso colectivo, co fin de acadar unha maior
repercusión do noso sentir nos médios de comunicación
e na nosa sociedade en xeral.
3. É incuestionábel a importáncia na sociedade
actual dunha educación para a solidariedade, que nos faga reflexionar
a todos/as sobre a responsabilidade persoal que cada un/ha de nós
ten que asumir na defensa do noso património ecolóxico,
económico e social; neste senso é desde o sistema educativo
que teremos que facer un maior labor que redunde nunha viraxe cara a
acadar unha sociedade mais xusta e solidária.
É por todo isto que, a "Coordenadora de Ensino Area Negra" creada
e integrada na "Plataforma Cidadá NUNCA MÁIS", convocamos-vos
a que, prévia reunión do Consello Escolar, o voso centro
participe activamente na realización dunha CADEA HUMANA DO ENSINO
GALEGO, a facer o mércores, dia 22 de Xaneiro ás 12 horas
da mañá.
LUGAR
Buscade vós o lugar significativo que consideredes mais axeitado
dentro da vosa zona ou concello.
COORDENACIÓN
Para levar isto a bon fin, sería imprescindíbel que vos
coordenárades cos centros próximos e que solicitárades
a cooperación de organismos tais como Protección Civil,
Cruz Vermella...
DIFUSIÓN
Se decidírades que todos os coléxios do voso concello
o fixeran conxuntamente, non o dubidedes e poñede-vos en contacto
con nós, para dar-lle a maior difusión posíbel
dende a nosa páxina.
En calquer caso, se esta proposta non fora factíbel non deixedes
de sumar-vos á iniciativa de CADEA HUMANA dentro do voso próprio
centro ou a aquelas actividades que consideredes pertinentes.
Pregamos-vos difundades esta convocatória entre o maior número
de persoas posíbel.
Se queredes desenvolver actividades prévias sobre o tema ou
difundir aquelas que teñades feitas ou estexades a facer, poderede-lo
facer a través do noso correo electrónico (areanegra@areanegra.org)
ou da páxina Web de Area Negra que é www.areanegra.net
PARA REMITIR A: www.areanegra.net
ACTIVIDADE: "Cadea humana"
A comunidade escolar do Coléxio ................................................................................................
de.........................................................................................................................................
aderimo-nos á proposta de "Cadea Humana" a realizar o dia 22
de xaneiro, ás 12.00h.en
............................................................................................................................................
(Praza do Concello, lonxa, praias, coléxio, etc.)
Ante a catástrofe que estamos a sofrer nas nosas costas, é
necesária unha rápida e contundente resposta de toda a
comunidade escolar polas seguintes razóns:
A imprescindíbel concienciación ecolóxica
da mocidade, como parte da programación pedagóxica
que todos os centros de ensino apoiamos, e non só como
tema transversal. Neste senso, coñecer in situ a magnitude
do desastre redundará nunha maior efectividade á
hora de transmitir estes contidos.
A caréncia dunha información veraz e xeralizada
dos actos que en todos os centros estamos a facer, de forma local
e disgregada, leva-nos a plantear unha acción que precisa
dunha perfeita coordenación e unión de todo o noso
colectivo, co fin de acadar unha maior repercusión do noso
sentir nos médios de comunicación e na nosa sociedade
en xeral.
É incuestionábel a importáncia na
sociedade actual dunha educación para a solidariedade,
que nos faga reflexionar a todas/os sobre a responsabilidade persoal
que cada un/ha de nós ten que asumir na defensa do noso
património ecolóxico, económico e social;
neste senso é desde o sistema educativo que teremos que
facer un maior labor que redunde nunha viraxe cara a acadar unha
sociedade mais xusta e solidária.
É por todo isto que, a "Coordenadora do Ensino" Areanegra creada,
e integrada na Plataforma
Cidadá "NUNCA MÁIS", convocamos-vos a que,
prévia reunión do Consello Escolar, o voso centro participe
activamente na realización dunha CADEA HUMANA DO ENSINO GALEGO,
a facer o mércores, dia 22 de xaneiro ás 12 horas da mañá,
entre dous puntos da costa (que, no seu dia, e unha vez recollidos os
datos dos Centros de Ensino a participar, concretarán-se; polo
que, ante a urxéncia da situación que estamos a vivir,
precisamos a mesma urxéncia de resposta, de feito que antes das
vacacións de Nadal teñamos os datos dos Centros partícipes
desta proposta. Esta cadea estará formada polos integrantes da
comunidade educativa mentras que nos Centros de Primária se farán
as cadeas nos próprios centros o mesmo día a mesma hora,
para evitar o desprazamento do alunado menor de 12 anos.