|
PROPOSTA
DIDÁCTICA
|
Clica no que queiras ler:
|

|
PROPÓSITO |
|

|
XUSTIFICACIÓN DIDÁCTICA |
|

|
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE |
|
Co presente material pretendemos poñer ó voso dispor un conxunto de recursos para desenvolver unha actividade que desexamos vaia máis alá dunha intervención educativa ou docente, para transformarse nunha toma de conciencia global das finalidades últimas.- e básicas,- de calquera sistema eduactivo serio e responsable.
Ó longo desde ano lectivo en curso, o 2002-03, os distintos acontecementos acaecidos no noso país, xa de índole medioambiental xa socio-política, puxeron de manifesto a necesidade de posicionamento por parte do profesorado cara a uns sucesos ós que era imposible,- e ademáis inmoral,- dar ás costas e a calada por resposta. Como docentes tiñamos non só o dereito, senón a obriga, de falarlle, e discutir, e plantexarlle ó estudiantado causas, motivacións, consecuencias... etc, tanto da catástrofe ecolóxica do Prestige como da postura do Estado español ante a Guerra contra Iraque. Era o noso deber educativo facela/os enfrontarse a crúa realidade para que ele/as mesmo/as contruísen a súa visión crítica dos acontecementos.
Por mor dese labor que tanta/os de nós abordamos con renovadas enerxías, e que colectivos como esta Coordenadora de Ensinantes AREANEGRA tentaron,- e seguiremos tentando vehiculizar,- fomos acusado/as de manipuladore/as, de instrumentalizadore/as da xuventude, mesmo de ¡violadore/as de conciencias!; como se nos adicasemos a instalar neoconfesionarios nas aulas para facer "exame de conciencia" a cada alumno e cada alumna e "absolvel@s" así da súa falta de compromiso.
No paga a pena insistir nestes patéticos exapbruptos que se viron coronados coa inesquecible circular de instruccións da Consellería de Educación da Xunta acerca da publicidade e propaganda nos centros educativos, que aínda non foi retirada.
Pois ben, foi entón que o propósito inicial desta idea de AULAS ABERTAS, ou AULAS DE RÚA se viu ampliado, reforzado e máis que xustificado. E o que pretendía ser unha serie de actuacións en torno a temáticas transversais do currículo acerca da educación medioambiental e a favor da paz, ampliouse na necesidade de abranguer máis amplios conceptos: tres dos dereitos fundamentais da cidadanía.
O dereito á INFORMACIÓN
O dereito de REUNIÓN
O dereito á LIBRE EXPRESIÓN.
O espírito desta proposta terá pois como base fundamental a materialización do exercicio deses tres dereitos por parte de estudiantado e profesorado, xa que sacando as nosas aulas ás rúas dos nosos aldeas, vilas e cidades estaremos informando e informándonos do noso labor docente á sociedade; estarémonos reunindo para aprender e aprendermos, e estaremos tamén expresando libremente a nosa gran preocupación cara a temas tan sumamente importantes para a formación da persoa, e centrais na educación.- aínda que sexan denominados coma transversais,- como o
NOSO MEDIOAMBIENTE e a RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS SEN VIOLENCIA.
|
subir

|
Aínda que non deberiamos engadir nada ó dito anteriormente posto que bastan os argumentos expostos antes,- e tantos outros eliminados por non exterdérmonos de máis,- non estaría de máis expor unha breve serie de motivos exclusivamente educativos e ancorados nos DCBs, e nas Ordes e Decretos que gobernan dende a propia Consellería até o/a último/a do/as docentes do país.
As áreas de contidos tranversais defínense como un conxunto de aspectos susceptibles de ser tratados educativamente, e que contribúen dun xeito decisivo á formación integral das persoas como cidadás e cidadáns.
Un feito máis que sabido por tod@s é que, se aborden dende a asignatura que se aborden, os temas das áreas transversais pretenden incidir sobre todo nos contidos actitudinais asociados a estes temas, ademáis de aportar información e de procurar coñecementos procedimentais.
A análise da experiencia de traballo condúcenos ademáis a considerar que eses contidos actitudinais comparten un eixo común constante que deriva de todos e cada un dos distintos temas a tratar. Noutras palabras, que as diferencias entre os temas transversais non van máis alá dos conceptos concretos que abordan.
Propoñemos partir dun modelo que duquen en actitudes cara á vida, expresadas a través de actitudes concretas das persoas cara a si mesmas e cara a súa saúde e o medio ambiente e cara ás demáis persoas da sociedade da que forman parte.
-
A
autonomía persoal e colectiva no proceso de toma de decisións.
-
A
responsabilidade cara a si mesmo/a, as demáis persoas e o medio ambiente.
-
A
respecto, cara a si mesmo/a, as demáis persoas e o medio ambiente,
poderían ser consideradas como tres deses principais contidos actitudinais perseguidos nesta proposta, e que se relacionan intrínsecamente cos tres dereitos abordados no punto anterior.
É necesario transmitirlle ó estudiantado a necesidade de que reivindique dende o respecto o seu dereito a libre expresión de ideas, o seu dereito a ser informado verazmente e dende a maior amplitude de ópticas posibles, o seu dereito a elaborar a súa visión crítica de realidade circundante dende a colectividade na que vivan inmers@s. Eso aprendenderao/as a responsabilizarse e forzarao/as a exercitar a súa autonomía como seres pensantes e actuantes.
Pero non é menos necesario que nós mesmo/as, o profesorado, tomemos tamén conciencia do importante e delicado do noso labor, que sempre irá máis alá das ecuacións de segundo grao ou dos suxeitos e predicados. Tamén nós poderémonos aplicar estes contidos actitudianis á hora de impartir clases dende os principios básicos da autonomía, a responsabilidade e o respecto.
A maiores poderíamos engadir unha serie de obxectivos conceptuais e procedimentais relacionados cos temas concretos da
Catástrofe do Prestige, ou A guerra contra Iraque, pero parécenos moito máis práctico pasarmos a concretar a actividade das AULAS ABERTAS - AULAS DE LIBERDADE e a detallar unha serie de obradoiros nos que se poderán ver materializados eses obxectivos e procedementos concretos.
|
subir

|
OBXECTIVOS.
-
Ofrecer a transparencia do traballo d@s docentes.
-
Situar ó estudiantado fronte a sociedade circundante para que se sintan protagonistas da súa propia situación comunicativa.
-
Instigar ó estudiantado a facer partícipes do seu proceso de aprendizaxe á cidadanía do seu entorno.
-
Exercer tres dos dereitos fundamentais da cidadanía:
-
o dereito á liberdade de expresión,
-
o dereito á liberdade de reunión e,
-
o dereito a recibir información plural e obxectiva.
-
Concienciar ó estudiantado da necesidade de esixir a necesarias medidas preventivas fronte ás catástrofes ecolóxicas.
-
Sensibilizar ó estudiantado no uso da NON VIOLENCIA para a resolución de todo tipo de
conflictos.
TEMPORALIZACIÓN
A actividade global consiste en ocupar
un céntrico espacio público da nosa vila, aldea ou cidade para desenvolver durante as
dúas últimas sesións lectivas dunha xornada lectiva calquera dos distintos obradoiros que se detallan no seguinte punto.
Para perder a menor cantidade de tempo posible sería conveniente facer a saída do centro no recreo anterior a estas horas lectivas, de xeito que só habería que calcular o tempo de regreso para estar á tempo de volta ó centro na hora da finalización da xornada. En todo caso sempre
disporíamos do tempo dunha sesión lectiva ampliada, poñamos entre unha hora e unha hora e cuarto, para desenvolver un ou varios dos obradoiros simultáneamente.
METODOLOXÍA
Os obradoiros que se suxiren son meramente orientativos, podendo ser adaptados, variados e aplicados ás distintas características específicas do nivel do estudiantado, do grupo docente, ou do espacio escollido. Pero todos eles se elaboraron en función duns parámetros comúns que son os seguintes:
-
Pretenden facer que estudiantado de
distintos niveis educativos participen nun mesmo obradoiro, é decir, que a separación en cursos desapareza neste caso para que todo/as participen en actividades comúns.
-
Eso obriga a que as actividades poidan parecer quizáis
excesivamente sinxelas para determinados niveis. Apuntemos que o propósito que perseguimos é máis uns
obxectivos de concienciación actitudinal, que a consecución de novos contidos cocnceptuais, que non están aínda así exentos.
-
Esa sinxeleza persegue tamén que as actividades se poidan trasladar a a calquera lugar fóra dos centros co
menor número posible de material para deselvolver os obradoiros.
-
Como se poderá aprezar, todas elas poden
ser dirixidas por calquera docente da materia que sexa, xa que moitas son de índole interdisciplinar mesturando conceptos de música, ritmo, educación física, cálculo, ciencias sociais ou naturais, lingua propia ou estranxeira...etc
-
Deste xeito, sexan os/as docentes que sexan, cos grupos que lles corresponden nesa franxa horaria, calquera pode levar a cabo algúns dos obradoiros propostos, ou ben outros que poidan ser elaborados no propio centro.
-
Case tódolos obradoiros pode ser enfocado cara ós dous temas sinalados antes: ou ben o tema medioambiental e ecolóxico baseado na catástrofe do Prestige, ou ben o tema da educación para a PAZ, de modo que algúns obradoiros pode ter un doble enfoque sobre premisas similares. Poderíase levar a cabo cada uns deles nun sentido ou en ambos, ou como a cada grupo lle veña mellor.
-
En moitos deles preténdese que o estudiantado e profesorado involucre, mesmo activamente,
ós peóns que poidan circular pola AULA ABERTA nese momento, facéndoa/os partícipes do obradoiro.
-
Por último cómpre sinalar algo tan obvio como que sería conveniente que os profesore/as dun mesmo centro educativo que estivesen disposto/as a participar nesta actividade se organizasen previamente para distribuir a dinámica dos grupos e a preparación dos distintos obradoiros que se levasen a cabo.
|
subir
|
Volver
ao índice de "aulas abertas" |
|
Volver
á páxina principal |
 |
|

|
Páxina
feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org,
aloxada en Dinahosting
Para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org |