Coordenadora de Ensino

 AULAS ABERTAS, 

AULAS DE LIBERDADE

AULAS ABERTAS. AULAS DE LIBERDADE... ¿por qué?

Levamos uns meses vivindo baixo sospeita.

Manipulamos mentes. Violamos conciéncias.

Acusa-se-nos de cumprir escrupulosamente co noso labor, que non é outro que formar e informar, incentivar os valores democráticos e o espírito crítico da nosa xuventude.

Todo iso porque ELES si prefiren un/has futuro/as adultos manexables, con voto pero sen voz, e temen que traballemos en pro dunha sociedade mais cívica e comprometida coa política, coa ética, e coa dignidade individual e colectiva.

Amosemo-nos pois en toda a nosa verdade.

SAQUEMOS AS AULAS ÁS RÚAS, ás prazas, ás lonxas, aos peiraos, ás alamedas...

Ofrezamos-LLES a TRANSPARÉNCIA do noso traballo, sen vergoñas, sen medos, sen mordazas...

Que a cidadania mesma xulgue e participe tamén na educazón da cidadania.

SAIAMOS FÓRA A EDUCAR E EDUCARMO-NOS.

 

As únicas cadeas que admitimos son as CADEAS HUMANAS.

Pola limpeza da nosa terra, do noso mar, das nosas costas.

A favor dunha participazón aberta.

Pola liberade de expresión.

Na procura da paz.

Contra a censura.

subir


Volver ao índice de "aulas abertas"

  Volver á páxina principal
 


 

Páxina feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org, aloxada en Dinahosting
Para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org